
Un dos grandes problemas de Galiza é o do avellentamento da poboación, sobre todo na zona rural. Neste sentido outro dos grandes problemas que existen é o de non dispoñer de prazas suficientes nos xeriátricos para atender a demanda. Hai poucas residencias e moitas delas teñen uns prezos prohibitivos. A nova política da Xunta promovida pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar tenta poñerlle fin a esta eiva por medio da posta en marcha de novos centros para os nosos maiores onde máis falta fan: nos concellos rurais. O BNG local leva insistindo máis de cinco anos en que o Pazo da Marquesa é un emprazamento perfecto para este cometido.
Tivo que producirse un cambio de goberno na Xunta de Galiza e que o Bloque chegase ao poder para que o organismo autonómico mostrara sensibilidade ante as cuestións de interese social.
O BNG de San Sadurniño leva cinco anos propoñendo a utilización pública dos xardíns do Pazo da Marquesa e pedindo que se convertese o edificio en residencia para persoas maiores. En setembro do ano 2000, posteriormente en outubro do 2002 e en decembro do 2004, o BNG presentou mocións relacionadas con estes dous puntos que contaron co respaldo unánime do Pleno.
Neste tempo, os concelleiros nacionalistas incluso lle tiveron que dicir ao alcalde cales eran as portas nas que había que petar malia que a Xunta aínda estaba en mans do PP. En concreto explicóuselle ao grupo de goberno nun Pleno que a por aquel entón Conselleria de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, asumira novas competencias vinculadas cos maiores e coas persoas con discapacidade, antes pertecentes á Conselleria de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Entre os obxectivos que se marcara daquela a Xunta figuraba o de continuar desenvolvendo a Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006, co que se tentaba posibilitar que este colectivo unha vida independente no seu contorno natural. Este programa plurianual prevía un importante crecemento dos proxectos dirixidos a estas persoas e un aumento na oferta de prazas residenciais.
O cambio do goberno na Xunta trouxo aparellado un cambio de estratexia pero sen perder de vista os obxectivos e agora parece que o alcalde por fin se decata de que o BNG local e nacional estaban no bo camiño e que debe contar con el para levar adiante un proxecto coma o da rehabilitación do Pazo da Marquesa como residencia de anciáns.
De feito, en cumprimento das encomendas que lle fixo o Pleno a proposta do BNG, Constanino Bedoya reuniuse recentemente co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para falaren das políticas de benestar social relacionadas cos maiores.
Neste sentido, o Vicepresidente da Xunta asinou recentemente con Caixa Galicia e Caixanova un convenio para a construción de cinco novos xeriátricos entre este ano e o que vén con máis de mil novas prazas e un investimento total de 35 millóns de euros.
Para non perder esta oportunidade que ofrece a nova política social do departamento dirixido polo nacionalista Anxo Quintana, os concelleiros do BNG pedíronlle ao acalde que organizara unha visita institucional á que asista a delegada provincial de Vicepresidencia, a tamén nacionalista Tereixa Novo para visitar o noso Concello e ver as instalacións do Pazo da Marquesa.
Desde o Grupo Municipal do BNG afirmaron que se o alcalde non atendia a súa petición nun tempo prudencial, seria o propio BNG quen realizara a invitación institucional. Ademais, o Bloque tamén instou ao alcalde a axilizar as negociacións para a cesión pública do Pazo.
5 Comments:
Menos mal que hai xente que se preocupa do futuro do Concello. Ánimo a todas as persoas de San Sadurniño que aspiran a vivir nun concello millor. Nas vindeiras eleccións municipais todos teremos a oportunidade de cambiar o governo municipal. Os do BNG merecen unha oportunidade.
08 Maio, 2006 20:34
Somos un grupo de adolescentes da parroquia de "Santa Maria La Mayor " como a Chaman os amarquesados y demandamos un local de ocio e lecer pá os noso tempo libre, posto que consideramos que o concello despón de locais inabilitados creemos que podria habilitar un pra nos .
Pois considermos que como cidadans deberiamos ter os mismos dereitos que calquer rapaz da nosa idade .A un local que non fose un bar, un local de unha asociación oun unha marquesina de autobus .
Parecenos moy ben que o concello faiga cursillos de orientación hacia os nosos pais para a prevención de alcoholismo , tabaquismo, e drogodependencia ,pero preguntamonos :
- Vos os nosos residores e incluso os voso fillos non tubechedes un local donde vos podiades xuntar o abrigo e non a intemperie como temos que facer os de ahora.
- Sodes tan inxenuos os nosos rexidores ( tanto gobernantes como oposición )que pensades que si non os vosos fillos, si os vosos netos seguiran a sufrir os nosos problemas .
Ante todo pedimos disculpas por poñer este comentario neste apartado pois non pretendemos quitarlle dereitos a xente maior ( todo o contrario , nos tamen desexamos chegar a vellos )pero non atopamos un apartado de suxerencias mais apropiado .
Un saundo agarimoso dun grupo de futuros votantes .
03 Outubro, 2006 22:04
Menudo negocio para a Igrexa e menudo negocio para Caixa Nova e Caixa Galicia.
Cando en outros concellos había terreos públicos que se cedían de maneira gratuíta , resulta que hai que facer que a Igrexa faga un negocio redeondo e só para que o Secundino poida aparecer como salvador de San Sadurniño despois de que Tojeiro o fixese alcalde
10 Setembro, 2007 13:07
casadelos
Por qué Paco Rodriguez non pactou ningunha partida co PSOE para o tren ó Porto Exterior de Ferrol?. Xa veredes como nos próximos días para quedar ben presenta unha alegación ós presupostos do Estado pedindo algún euro para o Tren ó Porto Exterior, pero que ó non tela pactada, será rexeitada.
Paco Rodriguez o gran demagogo.
Por qúe Paco Rodriguez, non pactou ningunha partida para trasladar de sitio a estación de ferrocarril de Ferrol e soterrar ás vías como recolle o programa do BNG para ás eleccións municipais de Ferrol, para posibilitar unir San Xoán e sAnta Maríña co Inferniño?. Pola contra pacta unha partida para que non se poida realizar esa proposta de trasladar a Estación. Pacta un lavado de cara para a estación e facer a vía do Ave ata a Ponte das Cabras. Que ten que dicir o BNG de Ferrol diante dese desproposito de Paco Rodriguez? Menos mal que só nos quedan cinco meses de aturalo
07 Novembro, 2007 08:49
O TSXG anula a contratación dun animador deportivo ( Manuel Polo Gundín, concelleiro do BNG e portavoz municipal de Fene)en Mugardos e dá a razón a outro candidato en contra do decidido no seu día por Barcia, alcalde do BNG
24 Novembro, 2007 09:40
Enviar um comentário
<< Home