Blog do BNG de San Sadurniño

10.10.05

O TELÉFONO E INTERNET, DOUS DOS CABALOS DE BATALLA DO BNG



Os concellos rurais coma o noso son habitualmente os máis desfavorecidos cando se fala das tecnoloxías da comunicación. O acceso a internet e mesmo unha telefonía de calidade son servizos básicos dos que moita xente en San Sadurniño non dispón nin parece que teña trazas de dispoñer, a menos, claro está, que se lle aprete a quen hai que apretarlle: Telefónica.

Segundo ten comprobado o BNG de San Sadurniño, a baixa calidade do servizo que presta a compañía aféctalle principalmente aos veciños que solicitaron o cambio da liña despóis de teren cambiado de casa. De feito nas vivendas socias, no edificio da Avenida Marqués de Figueroa e en moitas casas de nova construción é onde máis están a notar o desinterese de Telefónica por atender ben aos seus aboados. Esta deixadez chega ao estremo de non atender sequera a quen pide que se lle dea de alta unha liña nova.

Outro dos grandes problemas que atopou o BNG logo de falar cos veciños foi o da imposibilidade de contratar liñas de acceso a internet con tecnoloxía ADSL. Nestes momentos esta é unha opción que só se lles ofrece aos usuarios do centro urbano. Nas parroquias a situación aínda é máis preocupante xa que hai casas que contan unicamente con conexións telefónicas TRAC –telefonía celular xa en desuso- que nin permiten falar por teléfono nin moito menos acceder á rede.

Ós veciños que teñen solicitado a instalación dun novo teléfono sin que por parte da Cía Telefónica se procedese a prestar dito servicio nin se lles fixase un prazo para facela.

Estas deficiencias no servicio telefónico impiden a modernización e competitividade dos autónomos asentados no noso concello. Os estudantes e a xente nova tamén está a sufrir este défice de servizos relacionados coas novas tecnoloxías.

O BNG de San Sadurniño solicitou que o Pleno acordase presionar a telefónica para que se solucionen os retrasos relacionados cos cambios de domicilio e coas solicitudes de novas liñas. Neste sentido tamén se considera prioritario substituír as liñas TRAC por outras máis modernas e que permitan un acceso a internet de calidade.
Ao entender do BNG estas demandas tamén se lle deben trasladar á Consellería de Innovación para que a Xunta coñeza a situación do noso concello e para que urxa a Telefónica a solventar todas estas carencias.