O CONCELLO COLOCA UN PASO CANADENSE NA ABELLEIRA EN CONTRA DA VONTADE DOS VECIÑOS

A grella posta no chan non serve para nada e causa ruidos molestos na zona
O pasado día 11 de febreiro, entrou por rexistro un escrito dun veciño do lugar da Abelleira -en Naraío- na que expoñia as súas queixas polos ruidos producidos pola instalación, por parte do Concello, dun paso para animais que cruza a pista municipal e a escasos 100 metros da súa vivenda. O Concello contestoulle que se trata dunha actuación tendente á mellora da seguridade vial, que os tubos non fan ruído e que o paso o pediran a maioría dos veciños. Dous meses despois volveu entrar un novo escrito suscrito por case tódolos veciños da zona solicitando a súa retirada. Para o BNG esta é unha nova cacicada “para beneficiar a algún amigo do grupo de goberno”
En contra do que o Concello defende, os veciños e veciñas do cordal do monte de Naraío manifestan que o paso só lles está a causar problemas. Ademais, e tamén en contra do manifestado polo Concello, nin saben de incidentes de tráfico nin pediron esta obra.
O BNG comprobou no sitio que o paso canadense é un absurdo. Colocouse no medio e medio do asfalto, deixando as beiras da estrada sen ningún tipo de valado, de tal maneira que os animais poden bordear o paso ao seu antollo. Quen teñen que pasar pola grella de tubos son os coches, o que provoca un ruido certamente forte.
O grupo nacionalista cré que o paso se construiu para controlar os cabalos que andan ceibos polo monte e neste sentido, o concelleiro Manuel Varela sinalou que “non é o Concello, con cartos públicos, o que tén que controlar ditos cabalos propiedade de algún particular, prexudicando á mayoría dos veciños e veciñas destes lugares. Pola contra, o deber do Concello deberia ser o comunicalles a súa obriga de ter controlados ditos animais”.
Segundo o representante do BNG esta situación deixa entrever “unha nova cacicada para beneficiar, posiblemente a algún amigo de algún membro do grupo de goberno. Se non é unha cacicada, dí o refrán que o rectificar é de sabios”.
Para o BNG a única rectificación sabia e válida é volver deixar a estrada tal e como estaba antes de facer o paso canadense.

2 Comments:
Moi interesante a paxina, non sabia da sua existencia pero esta ben ter unha version non caciquil do que lle estan a facer (ou desfacer/deixar de facer)o concello, ainda que estea un pouquinho lonxe de ai.
Apertas e saudos desde Escocia!
09 Dezembro, 2005 15:06
casadelos
Por qué Paco Rodriguez non pactou ningunha partida co PSOE para o tren ó Porto Exterior de Ferrol?. Xa veredes como nos próximos días para quedar ben presenta unha alegación ós presupostos do Estado pedindo algún euro para o Tren ó Porto Exterior, pero que ó non tela pactada, será rexeitada.
Paco Rodriguez o gran demagogo.
Por qúe Paco Rodriguez, non pactou ningunha partida para trasladar de sitio a estación de ferrocarril de Ferrol e soterrar ás vías como recolle o programa do BNG para ás eleccións municipais de Ferrol, para posibilitar unir San Xoán e sAnta Maríña co Inferniño?. Pola contra pacta unha partida para que non se poida realizar esa proposta de trasladar a Estación. Pacta un lavado de cara para a estación e facer a vía do Ave ata a Ponte das Cabras. Que ten que dicir o BNG de Ferrol diante dese desproposito de Paco Rodriguez? Menos mal que só nos quedan cinco meses de aturalo
07 Novembro, 2007 08:49
Enviar um comentário
<< Home